10 noviembre 2006
08 noviembre 2006
Segundo Martín Rees o espazo cosmológico está comprendido polos seis números que rexen o universo desde o primeiro deles, o numero N, que seria a razón entre a forza que mantén unidos aos átomos e a forza de gravidade que hai entre eles, ata o numero 3 o cal representa a dimensión do noso espazo e permite que nós esteamos presentes, así como as outras estruturas complexas.Segundo Borges un “Aleph” é ese punto do espazo que contén todos os puntos.
29 enero 2006
22 enero 2006
15 enero 2006
14 enero 2006
11 enero 2006
10 enero 2006
Entendo este blog, como unha acción en tempo real, un proxecto realizado desde a perspectiva dunha obra aberta.
Intervindo no, o azar, desde a propia aleatoridade coa que insiro os anacos orixinais, ás interaccións que se presentan en forma de post, adherencias que inciden na intención inicial, constituíndose en se mesmas en elementos dinámicos da obra, articulando un corpo vivo, configurando unha simbiose que se mantén viva por máis tempo sobre os restos do corpus inicial.
Un “work in progress” na que as emocións, derivan en sentimentos que á súa vez, se transforman en voz, en letra, en palabra, medrando por imbibición, para posteriormente a modo dun palimpsesto, resultar esvaídas e mesmo borradas, producíndose unha deconstrucción da palabra, nunha arqueoloxía, que mediante unha metamorfose se rescribe e busca a súa orixe obviando razón e sentimentos, para volver a establecerse na emoción; nun silencio atronador.

01 enero 2006
A raíz do toxo verde /é moi mala de arrincare ...Confecciónanse blogs desde diferentes perspectivas, case todas enxeñosas e algunhas sublimes.
Cartafol de silencios, Marinha de Allegue, Muralla, Dorvisou, Paleon, O ollo dá vaca, Caladinnha, Acedre, Nada que decir etc. Forman parte do meu imaxinario máis alá dunha opción persoal, son parte da paisaxe onde me recoñezo, dun territorio ao que pertenzo pola miña elección.
Territorio físico, pero tamén idiomático, que dende o seu carácter me achega mellor á miña mesmidade.
Non podo por menos de me acordar de Seamus Heaney e a súa obra “Da emoción ás palabras”onde trata o sentimento de pertenza.
31 diciembre 2005
30 diciembre 2005
29 diciembre 2005
O único camiño para o espazo utópico da autonomía e da liberdade é a creación, a creación continua, dentro dun contexto ético e social.
Xusto aí, foi onde desde unha acción creativa e socrática, se configura a miña ollada.
Xusto aí, foi onde desde unha acción creativa e socrática, se configura a miña ollada.
28 diciembre 2005
Moitos destes anacos rematan nunha digresión, a que non me molesto en modificar, sériame provechoso, saber por que se a primeira intención é falar dun tema, remato noutro que ten pouca relación co primeiro aínda que na miña cabeza ao escribir se fusionan.
27 diciembre 2005
26 diciembre 2005
Busco palabras que poño en movemento aínda que non teñan resposta, se diría que van dirixidas ao silencio…
Do que pode agromar un poema, unha lagrima ou outro silencio.
Ansia de encontrar o país de nunca xamais e ser un Peter Pan que non encontra sentido ao topico de “a vida é moi dura”.
A vida vólvese dura, cando a cabeza asume a desventura nun rapto de lucidez, facendo tomar conciencia da propia fraxilidade física, afectiva e psicolóxica.

25 diciembre 2005
24 diciembre 2005
23 diciembre 2005
22 diciembre 2005
Lín fai uns días a prensa, facíase eco dun estudo que corrobora tecnicamente o que fai xa anos que percibín e esta comentado en máis anacos, a maxia dese lugar prodúcese pola tradición que acumula e polo esforzo das súas xentes que dedican ao estudo un maior numero de horas, producindo un “capital humano” dun alto valor en todas as ordes, iso tradúcese nunha atmosfera que afecta a todos os ámbitos da vida, os que respiran ese ar, non sempre son conscientes do seu aroma.
21 diciembre 2005
20 diciembre 2005
Entrei nunha capela recoleta das que frecuento pola paz que emana nalgunhas delas, preferiblemente as románicas ou as que teñen vinculación coa mar, acostuman estar e esta estábao impregnada desa mestura de olores frescos que expelen as flores con ese outro olor característico das velas ao consumirse, aroma que aspiro con forza, tentando que penetre en todos os meus circuítos cerebrais, irremediablemente reciño a mesma oración que creei fai anos para me dar ánimos e expulsar ás miñas indecisións. A capela ofrecíame un espazo de serenidade, aínda que a miña alma non era capaz de o percibir.
19 diciembre 2005
18 diciembre 2005
17 diciembre 2005
Resulta difícil escribir obviando a memoria, mesmo Rimbaud desde a súa precocidade é incapaz de abdicar dela, os demais, sobre todo os máis limitados, podemos entreliñar, alterar o contexto, cambiar os contornos, disfrazar a nosa particular forma de dicir, pero estou convencido de que no fondo subxace unha emoción que nalgún momento deu lugar a un sentimento forte, potente e que a acción de o sacar ao exterior mediante símbolos, exerce unha función terapéutica non sempre tan eficaz como un podería desexar.
16 diciembre 2005
15 diciembre 2005
As revelacións son así, xorden e non se sabe de onde, en ocasións son as fontes onde se bebe quen as propician, noutros casos, un comentario do que non lembramos a súa procedencia. O caso é que descubrín unha delas, que me leva a unha decisión.
¿É unha decisión impulsada desde un determinismo previo, ou un acto volutivo? se cadra ese coñecemento permitirame centrar a situación.
¿É unha decisión impulsada desde un determinismo previo, ou un acto volutivo? se cadra ese coñecemento permitirame centrar a situación.
14 diciembre 2005
13 diciembre 2005
12 diciembre 2005
11 diciembre 2005
10 diciembre 2005
09 diciembre 2005
08 diciembre 2005

O tempo esta aí e transcorre (é un continuum) e nós formamos parte de o, cando co paso do tempo cronolóxico, miramos o que queda no tempo que “pasou”, resulta ser o rastro das nosas intervencións no, se non intervimos, a nosa vida será plana, esas actuacións ou dejadeces pasadas, teñen unha importancia decisiva no agora.
O noso estar na terra é existir, ser, é dicir intervir de forma continua en nós mesmos.
Polo menos iso dixéronme onte. Imaxina
07 diciembre 2005
06 diciembre 2005
05 diciembre 2005
04 diciembre 2005
03 diciembre 2005
02 diciembre 2005
01 diciembre 2005
29 noviembre 2005
28 noviembre 2005
Aprendín que as apertas son máis que unha expresión de desexo ou de relación social, neles pode ir todo un mundo de tenrura, de acollemento e mesmo de abandono e descanso por parte de quen o dá, pero tamén de quen o recibe. E que dicir das caricias, temos necesidade de nos tocar, sentir ao outro, saber que esta próximo; moito máis alá do magreo sexual e do que puiden supor. O noso maior órgano é a pel e por ela damos e recibimos multitude de sensacións, algunhas tan etéreas como o compadecer na que -padecemos co- o outro.
27 noviembre 2005
26 noviembre 2005
25 noviembre 2005
Esta noite soñei a fame nos ollos dun neno, nas portas de acceso a un lugar que non estaba en ningures e sentín a impotencia; a impotencia do que sabe, do que ten e ignora a carencia do outro, que é un en esencia e chorei, chorei por non poder resolver o dilema que liberase de angustia, os ollos verdes do neno no que me vín.
24 noviembre 2005
23 noviembre 2005
22 noviembre 2005
21 noviembre 2005
20 noviembre 2005
19 noviembre 2005
18 noviembre 2005
17 noviembre 2005
16 noviembre 2005
15 noviembre 2005
14 noviembre 2005
13 noviembre 2005
Teño a sensación de que os embates da vida botanme a rolos, no Gran Sol debido a eles, os meus “yoes” afloran a un tempo, xerando un conflito territorial no espazo interno que ocupan en min, as guerras intestinas dos meus “yoes” xéranme problemas psicosomáticos que se traducen en crise que poñen en perigo o propio territorio. Un dos meus “yoes” está cerrado á comodidade suxestiva desta sociedade. Outro deles, loita desesperadamente por ser eficaz na xestión entre “yoes”.
Outro máis, cre que xa está totalmente perdida a consecución de afectos e busca a aprobación da humanidade. Outro entenrécese con situacións afectivas alleas a el. Un que se remata de incorporar descobre, non sei se estupefacto, con horror ou polo contrario compracido, que isto é un territorio en conflito. ¡Decátome que houbo un atentado! As faccións máis hostis do meu territorio, cre que sobra moita xente e que iso forma parte dun equilibrio ecolóxico que estamos a perder.
Un eu máis lúcido, di que a dignidade humana ten que aplicar a intelixencia para buscar solucións, pois xa non vivimos na selva. Outro, quére ver, falar e abrazar. Outro eu moi melancólico invadiume hoxe e non me deixa pensar.